O Obradoiro de Hostalería do Salnés arela repetir o 100% de inserción laboral
Por Redacción
O Obradoiro de Hostalería do Salnés celebra a súa décimo terceira edición como motor de inserción laboral na comarca.
Un total de 20 alumnos de sala e de cociña formaranse durante os próximos nove meses nas instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo baixo o mando dunha nova directora, Carmen Germade; a titora, Ana Lorenzo; e os profesores de Cociña e Sala, Paco Caneda e Pilar Amoedo.
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, manifestaba en las instalaciones del Náutico que "estamos encantados de que Sanxenxo sexa a sede deste obradoiro que forma cada ano a tantas persoas que acaban traballando no sector turístico e da hostalería. Cremos na mellora constante e esta pasa pola profesionalización e a excelencia no servizo".
O rexedor acudía á apertura deste obradoiro xunto ao delegado da Xunta de Galicia, Luis López; a presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez; o xerente do organismo, Ramón Guinarte; representantes políticos da Illa, Meaño e Ribadumia; e membros de colectivos turísticos e económicos, como o CETS de Sanxenxo, Emgrobes do Grove e Zona Centro de Cambados.
Máis de 400 alumnos pasaron polo Obradoiro de Hostalería do Salnés nos últimos 15 anos, cunha porcentaxe do 100% en inserción laboral.
Neste sentido, o xerente da Mancomunidade do Salnés sinalaba que "este obradoiro supón unha saída profesional de gran nivel e con moito futuro con máis de 100 ofertas laboráis por cada promoción de alumnos".
Relacionadas:
-
O Obradoiro de Hostalería do Salnés rexistra unha media de 5 ofertas de traballo por cada alumno
Por Redacción |
-
Novos obradoiros de emprego na comarca do Salnés
Por Redacción |
-
Rueda clausura o Obradoiro de Hostalería do Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
A Mancomunidade do Salnés pide máis prazas para o Obradoiro de Hostalería
Por Redacción |