Unhas piscinas naturais de auga salgada, próximo paso para unir Marín co mar
Por Alejandro Espiño
O programa de actuacións coas que o goberno municipal quere "unir Marín co mar" vai a recibir un grande impulso. O Concello xa ultima os detalles do seu próximo gran proxecto. Trátase da creación dunhas piscinas naturais de auga salgada.
Esta é unha das principais accións recollidas no seu plan de sustentabilidade turística, un dos elixidos pola Xunta e o Estado en toda Galicia para recibir financiamento dos fondos Next Generation da Unión Europea. En total, suporá un máximo de 2 millóns de euros.
As piscinas, segundo o plan previsto, prevén completar a renovación do Paseo Alcalde Blanco e estarán conectadas de xeito sinxelo co viario que vai ata as praias que, no marco deste programa, vaise a unir de xeito eficiente co casco urbano.
Así, vaise a mellorar a senda ciclista, que estará conectada coa actual da Avenida de Ourense. Tamén se actuará sobre a senda peonil e en todas as baixadas ás praias, para garantir a accesibilidade eliminando as barreiras arquitectónicas existentes.
O plan presentado por Marín e que recibiu o aval dos gobernos galego e central inclúe tamén a creación dunha oficina de turismo dixital e intelixente, anexa ao futuro auditorio que se situará na parcela da Praza de España.
Este proxecto unirase á elaboración de sinalización dixital para os enclaves turísticos máis destacados do municipio.
O Concello apostará tamén dentro estratexia por crear novos aparcamentos disuasorios na vila e por continuar restauración ambiental do Lago Castiñeiras con novas rutas e sendas para distintos tipos de mobilidade, tanto a pé, como en bicicleta ou BTT.
A alcaldesa, María Ramallo, destacou que se trata dun plan "moi pensado, claro e medido", e que "nos permitirá revalorizar aínda máis o noso litoral e co que poderemos reforzar Marín como un destino equilibrado, sostible, de calidade e de proximidade".
Relacionadas:
-
28M | O PP amosa o proxecto das piscinas de auga salgada na entrada do Paseo Alcalde Branco
Por Redacción |
-
Envían a Costas a información para avalar ambientalmente as piscinas de auga salgada no Paseo Alcalde Blanco
Por Redacción |
-
Avanzan na tramitación para crear piscinas naturais xunto ao Paseo Alcalde Blanco
Por Redacción |
-
A alcaldesa de Marín comprométese cos hostaleiros a promocionar o Vial de Praias máis aló do verán
Por Redacción |
-
Restaurar o Lago Castiñeiras e crear piscinas naturais de auga salgada, propostas estrela para acadar un turismo sostible
Por Redacción |
-
Pontevedra priorizará a construción dunha vía verde ata Barro cos fondos Next Generation para o turismo
Por Manu Otero |
-
Marín prevé renovar o viario das praias cun investimento de 1,8 millóns de euros
Por Redacción |
-
Marín asumirá con fondos propios a quinta parte do custo total do futuro auditorio
Por Redacción |