Barro avanza nos trámites urbanísticos para ceder á Xunta os terreos do novo centro de saúde
Por Redacción
O Concello de Barro está realizando todos os trámites urbanísticos necesarios para poder cederlle á Consellería de Sanidade na maior brevidade posible a parcela na que se construirá o novo centro de saúde, unha vez que os servizos técnicos da consellería visitaron a parcela e lle trasladaron ao alcalde que os terreos eran idóneos para albergar unha construción desas características.
O alcade de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, móstrase "moi satisfeito por que se confirme a vontade da consellería de construír a curto prazo o novo centro de saúde e de que se confirme que as xestións realizadas polo concello durante estes últimos anos deron un moi bo resultado e serviron para acurtar os prazos".
Fernández Abraldes sinala que o actual centro de saúde de Barro "está obsoleto, non reúne as condicións de accesibilidade necesarias nin permite prestar un servizo de calidade".
Coa nova construción, que se edificará ao lado do actual, o centro de saúde pasará de ter pouco máis de 300 metros cadrados a ter unha superficie total de 800 metros cadrados.
Este novo edificio contará con ocho salas que se repartirán entre catro consultas médicas e pediátricas, dúas salas para enfermería e obstetricia, unha sala de toma de mostras e outra sala polivalente.
Relacionadas:
-
A Xunta traslada ao alcalde de Barro o convenio para as obras de construcción do novo centro de saúde
Por Oskar Viéitez |
-
Aproban a cesión a Sanidade da parcela para o novo centro de saúde de Barro
Por Redacción |
-
Barro mantén conxeladas as taxas e impostos e aumenta o gasto social
Por Redacción |
-
Sanidade reclama a Caldas, O Grove, Poio, Barro e Meis terreos para os novos centros de saúde
Por Redacción |
-
Técnicos da Consellería valoran positivamente os terreos ofertados por Barro para un novo centro de saúde
Por Redacción |