Bueu abre o prazo de licitación para a musealización do estaleiro da Banda do Río
Por Redacción
O Concello de Bueu ten aberto o prazo de licitación para as obras de rehabilitación da segunda fase do estaleiro da Banda do Río, tamén coñecido como “Purro”, que consisten na musealización da infraestrutura e que permitirán culminar a posta en valor da considerada como última carpintería de ribeira da ría de Pontevedra.
O proxecto, que conta cun orzamento de 112.140 euros, acometerase con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación, e as empresas interesadas en participar dispoñen de prazo ata o 23 de novembro.
Félix Juncal, alcalde da vila, apunta que “este expediente se atrasou máis do que nos gustaría, porque cando iamos licitar esta obra, decatámonos de que non nos enviaran a autorización pertinente de Costas, a pesar de tela solicitado en diversas ocasións”.
Tras varias xestións, e coa autorización xa na man, o Concello agarda acometer proximamente os traballos de musealización, que complementarán á rehabilitación que se rematou no 2018 e que permitiu que se iniciase a posta en valor dunha instalación “de alto valor patrimonial”.
Relacionadas:
-
Setembro inaugurará a nova vida do Estaleiro de Purro como museo mariñeiro
Por Redacción |
-
Estudan as ferramentas que serán musealizadas no Estaleiro da Banda do Río
Por Redacción |
-
Félix Juncal sitúa en febreiro o comezo das obras da segunda fase do estaleiro da Banda do Río
Por Redacción |
-
Bueu quere que a Banda do Río teña tamén a súa bandeira azul
Por Redacción |
-
Bueu reformará e ampliará a biblioteca Torrente Ballester
Por Redacción |
-
Costas autoriza a segunda fase do estaleiro da Banda do Río
Por Redacción |