A organización do Marín Gaming Fest xa pensa nunha segunda edición despois do éxito acadado na estrea
Por Redacción
Cerca de 400 persoas desfrutaron da I edición do Marín Gaming Fest, un evento que está destinado xa a converter á vila durante unha fin de semana ao ano nun punto de atracción para os amantes dos videoxogos e da cultura gamer.
Desde o Concello, mostraron a súa satisfacción co evento, polo interese que suscitou "non só na mocidade, que é o público máis común neste tipo de citas, senón tamén en moitas familias, con nenos pequenos, onde pais, nais e fillos comparten este hobbie".
Desde a organización, en mans da Gaming Troop, aseguran estar "moi contentos" co resultado do evento, "aínda que repasaremos aspectos que se poden mellorar de cara a outras edicións".
O Concello afirma que é importante "apostar por eventos que atraian á poboación máis nova e que veñan a completar unha oferta de ocio xa de por si variada e interesante que temos en Marín, pero na que este tipo de disciplinas teñen menos presenza".
No que respecta á participación, competiron 74 persoas no torneo de Smahs, 60 no de Fornite, 30 no de FIFA e 110 no de League of Legends (entre as clasificatorias que se fixeron na fase online e os que participaron fisicamente no torneo), do que se rematará de desputar a final vía online. En cosplay participaron 25 persoas e tanto o público como o xurado coincidiron no alto nivel que houbo no certame.
Ademais, 13 artistas colocaron os seus stands e tamén manifestaron quedar "moi contentos" co evento, no que aseguran, repetirán.
Relacionadas:
-
Entretemento virtual no Pavillón da Raña coa primeira xornada do Gaming Fest
Por Redacción |
-
Unha batalla de galos de freestyle na Alameda axitará o II Marín Gaming Fest
Por Redacción |
-
Marín prepárase para a segunda edición do seu Gaming Fest
Por Redacción |
-
Conta atrás para o Marín Gaming Fest
Por Redacción |
-
Competición, videoxogos retro e simuladores no "Gaming na rúa"
Por Redacción |