Última chamada para viaxar a Santiago coa Federación Castelao pola defensa da sanidade pública
Por Redacción
O vindeiro domingo está prevista en Santiago de Compostela unha gran manifestación en defensa dunha sanidade públiga galega de calidade. Con ese motivo, a Federación de Asociacións de Veciños Castelao organizou un desprazamento á capital galega con saída de autobuses ás 10.30 horas desde o Pavillón Municipal. O prazo para inscribirse expira este venres ás 21 horas.
As razóns que levan ao colectivo para participar nesta multitudinaria marcha están relacionadas cos defectos que presenta a Atención Primaria na área sanitaria de Pontevedra. Denuncian desde Castelao que o tempo medio de espera para conseguir unha cita é de seis días, hai colas ou atención na rúa para as analíticas, escaseza de centrais e liñas telefónicas, falta de cobertura en xubilacións de médicos ou enfermeiros ou a falta de accións relacionadas coa campaña de humanización sanitaria que o Sergas si realiza noutras áreas sanitarias.
Censuran tamén que o tempo medio de espera para unha intervención cirúrxica ascende a 18 mesas e que actualmente hai 1100 persoas en lista de espera.
Para anotarse na viaxe basta con poñerse en contacto a través de Whatsapp ou cunha chamada aos teléfonos (616610913 ó 659685729) da Federación Castelao ou a través do correo electrónico fcastelao@yahoo.es.
Relacionadas:
-
Ampla presenza de poboación de Pontevedra-O Salnés na marcha en defensa da Atención Primaria en Santiago
Por Redacción |
-
Cuntis aproba o inicio do procedemento de servizo de axuda no fogar
Por Redacción |
-
Pensionistas de CCOO exercítanse cunha protesta no Hospital Provincial de cara á gran manifestación pola sanidade pública
Por Anxo Lourido |
-
Apoio do goberno local á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para reclamar recursos en Atención Primaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |