Medio millón dos fondos de reactivación da Deputación para humanizar a contorna do río Bermaña
Por Redacción
O Concello de Caldas de Reis destinará 579.793 euros dos fondos do Programa ReacPon da Deputación de Pontevedra para a reactivación económica da provincia á mellora e humanización da contorna do río Bermaña, no casco urbano do municipio.
Segundo a información facilitada polo Concello, en concreto, actuarán na rúa Río Bermaña e na praza Dr. Sesto Casal, xunto á Praza de Abastos.
A actuación afectará a unha superficie de 3.229 metros cadrados e o proxecto pretende mediante a reforma do viario e o espazo público, non só a rehabilitación paisaxística integral dunha área central e moi sensible polos seus valores naturais, senón mellorar a accesibilidade e seguridade viaria e crear novos espazos de calidade ambiental, incorporando vexetación autóctona e mobiliario urbano.
Todo o ámbito de actuación terá plataforma única dando prioridade á mobilidade peonil e ciclista.
O alcalde, Juan Manuel Rey, agradeceu á Deputación de Pontevedra a subvención e destacou o seu apoio para os investimentos dos concellos no desenvolvemento de obras vertebradoras de reordenación urbana. No caso da contorna do río Bermaña, van mellorar a calidade de vida da veciñanza e "facer de Caldas unha vila máis accesible e atractiva".
O concelleiro de Medio Ambiente e Obras, Manuel González, destaca que este proxecto estaba previsto no Plan de Mobilidade Urbana Sustentable aprobado polo Concello no ano 2019 e o goberno local xa traballou nel na primeira metade do mandato. De feito, xa se avanzou na redacción do estudo previo e do proxecto de execución, a solicitude dos informes sectoriais e a obtención de financiamento por parte da Deputación.
Relacionadas:
-
Once empresas optan a humanizar a rúa Río Bermaña e a praza Doutor Sesto Casal de Caldas
Por Redacción |
-
A mellora da área do Río Bermaña, a 'guinda' á transformación urbana de Caldas
Por Redacción |
-
50 vivendas serán rehabilitadas en Caldas grazas á sinatura do convenio para a terceira fase da ARI
Por Redacción |
-
A subdelegada do Goberno destaca o compromiso de Caldas coa rexeneración do casco histórico
Por Redacción |
-
A Deputación financiará a reforma da contorna de Portosanto, Saíñas e A Puntada
Por Redacción |
-
Bueu reformará e ampliará a biblioteca Torrente Ballester
Por Redacción |
-
A concesión de 1,2 millóns euros da Deputación permite a acelerar o proxecto da nova biblioteca de Vilagarcía
Por Redacción |