O PP solicita información sobre o atraso na reforma de Loureiro Crespo e O Castañal
Por Redacción
A concelleira do Partido Popular de Pontevedra Silvia Xunco rexistrou este martes unha petición para que na próxima Comisión de Obras o Concello achegue toda a información en relación a outro novo atraso na reforma da rúa Loureiro Crespo e do barrio de O Castañal.
Xunco lembra que se está superando o prazo de entrega da obra "en más del doble", e sinala que "la incapacidad del Concello para acabar las obras en tiempo y plazo le está costando dinero a los pontevedreses", dixo a edil popular, en relación aos sobrecustos xerados polos atrasos.
Este martes, na Comisión de Queixas e Suxerencias, tratáronse denuncias de veciños por problemas de convivencia e benestar xerados por estas obras.
O PP local expresou a súa "preocupación" por este atraso e pola "inseguridad" que xera para os veciños o ter unha obra "que parece enquistada".
Os populares instan a que "se rematen las obras y se ponga solución a ciertos socavones y partes en las que ya se han producido caídas".
Relacionadas:
-
Convocan unha xornada de celebración pola reapertura de Loureiro Crespo
Por Redacción |
-
Remata a reforma da rúa Loureiro Crespo coa plantación das árbores
Por Redacción |
-
O final das obras en Loureiro Crespo e O Castañal atrásanse a marzo de 2022
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello espera inaugurar a reforma de Loureiro Crespo a finais de novembro
Por Oskar Viéitez |