As novas bandas antideslizantes evitarán que os veciños escorreguen na pasarela elevada de Tenorio
Por Oskar Viéitez
Os operarios da Demarcación de Carreteras del Estado colocaron un sistema para evitar que os viandantes escorreguen no acceso á pasarela elevada sobre a estrada nacional N-541 que une Tenorio coa súa zona escolar e deportiva.
Trátase dunha grella enreixada co fin de evitar o esvaren os pes por mor do xeo producido nestes días polas baixas temperaturas.
O intento do Concello de Cerdedo-Cotobade de solucionar este problema con pintura antiescorregos tuvo un resultado infructuoso.
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, agradeceu ao Ministerio de Transportes o seu traballo e insistiu na necesidade de "implementar solucións que vaian orientadas a previr graves accidentes".
"Esperemos que este sistema novo que agora se coloca sexa realmente eficaz e resolva un auténtico perigo para os viandantes que usan habitualmente esta pasarela, sobre todo a primeira hora da mañá, cando aínda non quenta o sol e o xeo está presente", indicou o alcalde.