Andaina polo Camiño Portugués para mobilizar a poboación contra a violencia de xénero
Por Redacción
Este sábado 13 de novembro está convocada unha andaina que organiza o Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo. Trátase dunha proposta que figura dentro da campaña 'Rachemos coa indiferenza' e que leva o lema 'O rural contra a violencia de xénero'.
O roteiro conta cun percorrido de seis quilómetros e correspóndese cun tramo do Camiño de Santiago Portugués. Comezará ás 11.00 horas na Capela de Santa Marta de Bértola, no municipio de Vilaboa, para finalizar na sede do GDR Pontevedra-Morrazo na parroquia pontevedresa de Mourente.
Para participar é necesario remitir ao correo electrónico administracion@gdrpontevedramorrazo.eu a folla de inscrición que se atopa na páxina web de GDR cos datos que se solicitan. Tamén é posible apuntarse a través do teléfono 986.108.144.
Esta iniciativa busca sensibilizar e concienciar á poboación na loita contra a violencia de xénero dentro do marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e en colaboración con AGADER e a Secretaría Xeral da Igualdade e a Axencia Turismo de Galicia.
Relacionadas:
-
O financiamento europeo e a bipolaridade demográfica en Galicia centran o primeiro foro de desenvolvemento rural do GDR Pontevedra e O Morrazo
Por Redacción |
-
Peregrinaxe para "rachar coa indiferenza" cara á violencia de xénero
Por Redacción |
-
Unha obra de teatro e unha andaina reivindicativa para loitar contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
A violencia vicaria centrará o programa do 25N en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Fotografías e vídeos para que os adolescentes reflexionen sobre a violencia vicaria
Por Natalia Puga |
-
Preto de 500 fogares pontevedreses con menores viven nun ambiente de violencia de xénero
Por Natalia Puga |
-
Deteñen un home de 30 anos que agrediu violentamente a súa parella diante do fillo
Por Redacción |