As autoridades constatan unha "tendencia estable" nos casos e dilixencias da violencia machista
Por Redacción
A Casa Consistorial de Poio acolleu este mércores a celebración da Mesa Local de Violencia de Xénero, da que forman parte representantes dos distintos ámbitos implicados na acción contra a violencia machista no municipio de Poio.
A convocatoria estivo presidida pola concelleira de Igualdade, Silvia Díaz, e contou coa presencia, entre outros, da Xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, representantes da Garda Civil, do Equipo Vioxen, Policía Local de Poio e do Centro de Información á Muller (CIM) e Servizos Sociais, ademais de orientadores e orientadoras dos centros educativos do municipio.
A reunión serviu, entre outros temas, para reforzar a colaboración interdisciplinar e interinstitucional no traballo para eliminar todos os tipos de violencia sobre as mulleres, así como a atención ás vítimas e analizar as actuacións impulsadas ao longo do que vai de ano relativas á prevención e supresión de violencias machistas.
Neste sentido, ademais de dar conta do informe de avaliación do III Plan de Igualdade e avanzar as liñas estratéxicas da elaboración do IV Plan, tamén se expuxo a programación que se desenvolverá durante este mes de novembro con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e que será presentada ao público nos vindeiros días. Ademais, as autoridades constatan que este ano mantense unha tendencia estable nos casos e dilixencias vencelladas á violencia machista rexistrados no municipio.
Silvia Díaz incidiu na importancia da coordinación e amosou o seu agradecemento a todos os axentes implicados que forman parte deste órgano.
"Debemos seguir mellorando os recursos materias e humanos dispoñibles para lograr previr, detectar e eliminar calquiera tipo de acción ou conducta violenta contra as mulleres, e promover os valores do respecto e a igualdade a todos os niveis", aseverou Díaz, que lembra que, precisamente, as actividades da campaña do 25N irán nesa dirección, dándolle un especial protagonismo ao tecido educativo e social do municipio.
Relacionadas:
-
25N | A reincidencia cronifícase nas violencias machistas: en Pontevedra hai 329 agresores con máis dunha vítima
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Alumnado de Vigo, Pontevedra e Soutomaior gaña o concurso escolar contra a violencia de xénero
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Socorren unha vítima de violencia machista que se escondeu na casa e chamou á policía porque temía pola súa vida
Por Natalia Puga |
-
Un congreso internacional formará a medio milleiro de policías sobre terrorismo en Galicia
Por Manu Otero |
-
Poio reforzará as actividades educativas na programación do 25N
Por Redacción |
-
Concentración feminista en apoio ás vítimas do exhibicionista de Lourido: "Unha agresión non pode ser sanción"
Por Redacción |