A iluminación do Nadal de Sanxenxo acenderase o 1 de decembro
Por Redacción
A partir do próximo 1 de decembro iluminaranse en Sanxenxo ata 487 motivos diferentes e manteranse ata o 10 de xaneiro.
A empresa adxudicataria da instalación é Creaciones Luminosas S.L. que se encargará da decoración durante este e o próximo ano por 235.958 euros, unha cifra lixeiramente inferior ao prezo de licitación.
Ademais dos tradicionais arcos que decorarán diferentes rúas do municipio, Sanxenxo contará con elementos cos que os que veciños e visitantes poderán interactuar sacando fotografías a modo de photocall.
Na Praza dos Barcos un enorme libro luminoso presidirá o espazo que contará cun rótulo de felicitación das festas e coas palmeiras e farois decoradas con distintos elementos. O parque do Espiñeiro en Portonovo terá unha bóla 3D e a Praza de Vilalonga un paquete de agasallo luminoso, ambos con acceso ao interior. Cerdeiras e nogueiras decorarán algunhas rotondas mentres que outras contarán con árbores e rótulos de felicitación do Nadal.
O Concello realiza un ano máis un importante esforzo investidor cun triplo obxectivo que os veciños gocen dun ambiente festivo, atraer visitantes ao municipio mantendo a tendencia crecente desta tempada e promover a economía e o emprego local.
O investimento este ano é 117.979 euros, fronte aos 96.921 euros en 2020; 90.598 euros en 2019; 83.000 euros en 2018 ou 40.500 en 2017. O goberno considera que seguindo nesta liña nuns anos o Nadal pódese converter no terceiro período de ocupación hostaleira despois do verán e a Semana Santa. Proba diso é que as 2.000 camas que ofrecían os hoteis que estiveron abertos quedaron curtas nos últimos anos antes do Covid.
Pero non só iso, atraer tamén ás familias que teñen a súa segunda residencia en Sanxenxo que ata o de agora non afacían vir en Nadal. Ambos os perfís redundarán nunha maior actividade comercial e hostaleira.
Relacionadas:
-
A Praza de Pascual Veiga ilumínase para iniciar o Nadal
Por Redacción |
-
Unha recepción no porto substituirá á cabalgata dos Reis Magos en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Comezan os traballos de instalación do novo alumeado de Nadal en Poio
Por Redacción |
-
Sanxenxo planea unha tirada de fogos artificiais para a noite de fin de ano
Por Redacción |
-
Sae a concurso a iluminación do Nadal de Sanxenxo por 240.000 euros por dúas anualidades
Por Redacción |