María Ángeles Durán: "El mayor éxito de la humanidad en los últimos años es llegar a ser una sociedad de viejos"
Por Redacción
A catedrática de Socioloxía e profesora do CSIC, María Ángeles Durán, asegurou este venres na Facultade Ágora da Deputación de Pontevedra que "el mayor éxito de la humanidad en los últimos años es llegar a ser una sociedad de viejos".
Na súa loa á a lonxevidade instou a deseñar as cidades para as persoas máis vulnerables, porque "crear ciudades que cuidan porque supone calidad de vida".
Ante os máis de 200 representantes políticos e técnicos dos concellos da provincia pediu que as persoas con responsabilidades e poder de decisión deben pensar na parte da poboación que ten maiores dificultades para facerse escoitar: as persoas que precisan o coidado. "Si nos vamos a convertir en un país viejo - gracias a Dios, porque eso significa que no morimos... - preparémonos y disfrutemos de este cambio demográfico que es el mayor éxito que ha conseguido la humanidad en los últimos años: llegar a ser sociedades de viejos", asegurou.
Durán, que nos vindeiros días cumprirá 79 anos, falou dende a súa experiencia persoal e explicou que participa nunha iniciativa de ‘cohousing’ pensando no seu futuro. Subliñou que a partir dunha certa idade as persoas maiores "quedámonos soas" e é preciso buscar formas de vivir que permitan ter compañía e estar en sociedade sen seren excluíntes. "Hay que integrar esas residencias, esas iniciativas para que estén en zonas peatonales, accesibles", insistiu, criticando as grandes urbanizacións de luxo que se constrúen nos extrarradios e que de cara a futuro serán "reservorios de soledad".
Durán foi grandemente aplaudida polas súas palabras e quixo engadir que as persoas gobernantes que sigan as súas indicacións de ter en conta ás persoas maiores teñen en España 9,5 millóns de votos.
ÁNGEL GONZÁLEZ E IWAAN BAAN
Na xornada deste venres tamén participou o responsable da empresa de iluminación pontevedresa Setga, Ángel González, que fixo unha chamada de atención sobre como a utilización da luz nos espazos públicos pode contribuír a xerar contornas de calidade.
Pola súa banda, o fotógrafo holandés Iwaan Baan, especialista en fotografía urbana, foi o responsable do último relatorio da primeira edición da Facultade Ágora no que destacou que grazas ao seu traballo fotografando cidades e lugares ao longo do mundo "vexo como as persoas se apropian dos lugares, dos edificios e das rúas, e a maneira en que se fai en cada sitio di moito da cidade na que estás".
Relacionadas:
-
Unha comuna de maiores que constrúe un edificio onde envellecer xuntos
Por Oskar Viéitez |
-
Un libro recollerá as conclusións e relatorios da Facultade Ágora para mellorar o espazo público
Por Oskar Viéitez |
-
Jan Gehl impartirá a súa conferencia maxistral en Pontevedra no acto de clausura da Facultade Ágora
Por Redacción |
-
A Facultade Ágora pon o foco en adaptar os espazos urbanos ás persoas máis vulnerables
Por Redacción |
-
Recuperar as cidades para as persoas é chave para acadar máis poboación, mellora económica e inclusión social
Por Oskar Viéitez |