Operación contra a introdución de moeda falsa cun detido en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional, nunha operación en colaboración con EUROPOL, detiveron a 43 persoas pola súa presunta implicación nun delito de introdución de moeda falsa no circuíto financeiro, concretamente billetes de 20 e 50 euros.
Dous deles foron arrestados en Huelva como principais responsables da venda de moeda falsa na internet, mentres que os 41 restantes foron detidos por toda a xeografía nacional como compradores de moeda, unha delas en Pontevedra.
Segundo informaron fontes oficiais do Corpo Nacional de Policía, as investigacións comezaron en novembro de 2020, cando os axentes tiveron coñecemento dun perfil dunha coñecida rede social dedicado á venda de billetes falsos de 20 e 50 euros, e que contaba con 1.620 subscritores.
Tras diversas xestións policiais, procedeuse á realización de dous rexistros domiciliarios en Huelva e á detención dos dous principais responsables da venda de moeda falsa na rede.
Nestas intervencións acháronse varios teléfonos móbiles e diverso material informático, dez billetes falsos de 20 euros, un de 50, un total de 5.860 euros en diñeiro lexítimo e sobres con anotacións manuscritas iguais que as aparecidas nos vídeos e fotos da canle investigada, entre outros efectos.
Mediante o estudo das contas, equipos informáticos e teléfonos móbiles achados nos rexistros, procedeuse á identificación de 41 persoas que compraban moeda aos detidos, procedéndose á detención de todos eles nas provincias de Pontevedra, Alacante, Asturias, Ávila, Baleares, Barcelona, Cáceres, Cádiz, Cantabria, Huelva, Xaén, A Coruña, A Rioxa, Lugo, Madrid, Málaga, Sevilla e Toledo.
Relacionadas:
-
A Seguridade Social solicitará por SMS o correo electrónico á veciñanza de Pontevedra como nova forma de contacto
Por Redacción |
-
Investigan un veciño da Lama sorprendido con 2.080 euros en billetes falsos de 20 e 50
Por Redacción |
-
Alertan da presenza de billetes falsos en Poio que xa se usaron nun comercio
Por Redacción |