Continúa o incremento de casos activos por covid-19 en todas as áreas sanitarias de Galicia
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Galicia detectou 134 novos positivos nas últimas 24 horas, segundo os datos da Consellería de Sanidade. Trátase de 11 contaxios diarios máis en relación aos cuantificados este venres 12 e 49 máis que o sábado da semana pasada.
O número de casos activos en todas as áreas sanitarias da comunidade autónoma continúa en ascenso con estes datos: A Coruña-Cee: 277 (+19); Ourense: 271 (+12); Vigo: 160 (+14); Lugo: 101 (+16); Santiago-O Barbanza: 94 (+9): Ferrol: 87 (+5) e Pontevedra-O Salnés: 87 (+9).
Trátase de 1077 casos activos, 84 máis que na xornada do venres. Destes pacientes, 49 atópanse hospitalizados en centros da comunidade, un máis que durante o día 12, a eles hai que sumar 12 persoas que se manteñen nas Unidades de Críticos, un máis que o venres.
Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, as probas PCR detectaron 13 novos positivos nas últimas 24 horas. Todos os casos activos recupéranse nos seus domicilios e non hai enfermos ingresados por esta enfermidade nos hospitais da zona.
Nos últimos días non se rexistraron falecidos en Galicia. Desta maneira, o número de vítimas desde que se notifican as mortes provocadas pola pandemia establécese en 2.655 persoas, das que 205 corresponden á área de Pontevedra-O Salnés.
As autoridades sanitarias insisten na necesidade de manter as medidas de distancia de seguridade e o uso de máscara en espazos pechados para evitar a expansión do virus.
Relacionadas:
-
Segue o ascenso de casos covid na área sanitaria e Galicia suma dúas novas mortes pola enfermidade
Por Redacción |
-
A área sanitaria supera os cen casos activos e en Galicia elévanse a 1.285 positivos
Por Redacción |
-
Pontevedra-O Salnés sitúase en 95 casos activos, cun paciente hospitalizado con covid-19
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Rueda, sobre o aumento de casos covid: "Sería un erro pensar que o que sucede noutros lugares non nos vai afectar a nós"
Por Anxo Lourido |
-
Volven as restricións en Galicia ante o avance da covid-19
Por Oskar Viéitez |
-
Sanidade habilita a sede da Xunta en Campolongo como centro de vacinación masiva
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Vilagarcía xa ten novo punto de vacinación masiva: a antiga Comandancia de Marina
Por Redacción |