O Plan de Vialidade Invernal estará activo a partir do luns na provincia
Por Redacción
O Plan de Vialidade Invernal da provincia de Pontevedra estará dispoñible desde o próximo luns 15 de novembro ata o 30 de abril. Activado pola Xunta, o dispositivo contará con 89 profesionais, 385 toneladas de fundentes e 6 centros operativos, ademais de 43 máquinas, como camións.
En total, o obxectivo do Goberno galego é atender e mantener preto de 1.300 quilómetros de estradas autonómicas e así acadar boas condicións de seguridade para anticiparse a posibles contratempos en caso de situacións meteorolóxicas desfavorables.
A Xunta leva traballando todos os anos con este plan despregando tanto medios materiais como humanos co obxectivo de mellorar a circulación na rede de estradas, sobre todo cando están perxudicadas polas fortes choivas, placas de xeo ou neve.
Para levar a cabo as tarefas de conservacións nas vías, entre as que destaca o Plan de Vialidade Invernal, o Goberno galego destina cada ano uns 50 millóns de euros.