Nova ferramenta na Policía Local para previr condutas discriminatorias que inciten ao odio
Por Redacción
O vindeiro 16 de novembro celébrase o Día Internacional da Tolerancia e, por este motivo, a concelleira de Seguridade Cidadá de Poio, Marga Caldas, acompañada do Xefe de Policía Local, Antonio Duarte, presentaban este sábado o novo proxecto que permitirá o rexistro, identificación e indagación previa dun suposto delito de odio ou de calquera outra conduta discriminatoria.
Todos os efectivos policiais de Poio participan nesta iniciativa que se puxo en marcha a través dos creadores da Plataforma de Xestión XesPol. Os axentes policiais contarán coa Acta de campo de xestión policial pola diversidade e tolerancia para realizar este rexistro, identificación de supostos delitos de odio.
A partir do luns 15, esta Acta de Campo Policial incorporarase á actividade diaria para que os axentes teñan en conta un protocolo de actuacións cando interveñan en defensa dos colectivos máis vulnerables que sufran un incidente por razón de raza, etnia, relixión, ideoloxía, sexo ou xénero, pola súa orientación ou identidade sexual, por discapacidade física ou intelectual, ou por unha cuestión de exclusión social.
A proposta parte da policía carballesa Katerina Pena que realizara un traballo similar para os casos de violencia contra a muller ou no ámbito da familia. Neste sentido, o programa de xestión da Policía Local de Poio xa conta coa Acta de Campo sobre violencia de xénero seguindo a instrución 5/2021 da Secretaría de Estado de Seguridade. A través dela aprobouse o Protocolo Cero, que se centra nunha nova guía de actuación policial para que os axentes teñan unhas directrices de actuación #ante este tipo de casos cando non existen denuncias. Con esta ferramenta búscase protexer e avaliar o risco que corren as mulleres de sufrir unha nova agresión, ademais de protexer aos fillos menores de idade.
Marga Caldas afirmou durante esta presentación que vivimos nunha sociedade onde o respecto á diversidade debe ser un dereito non vulnerado e por iso é necesaria a intervención policial para garantir a seguridade e a convivencia empregando ferramentas para traballar na prevención do delito e detectar calquera tipo de conduta discriminatroia. A concelleira considera á Policía Local a forza de seguridade máis próxima á cidadanía e, por tanto, a primeira en "poder actuar" e "detectar este tipo de condutas".
Relacionadas:
-
A Policía Local de Poio conta cun novo vehículo híbrido
Por Redacción |
-
Axentes policiais reciben formación para tratar e investigar os delitos de odio
Por Redacción |
-
Deixan en liberdade con cargos un mozo ao que lle imputan roubos en tres comercios, dous restaurantes, unha zapatería e en doce vehículos
Por Oskar Viéitez |
-
Poio centra no ámbito educativo e na mocidade os actos do 25N
Por Redacción |
-
Os axentes da Illa fórmanse na nova plataforma de xestión policial XESPOL
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio, pioneira na tramitación de partes e atestados en galego
Por Redacción |
-
A Policía Local de Bueu estréase na plataforma informática XESPOL
Por Redacción |