A área sanitaria supera os cen casos activos e en Galicia elévanse a 1.285 positivos
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés alcanza os 106 casos activos de coronavirus, 11 positivos máis que na xornada do domingo. Só hai unha persoa enferma ingresada, que se atopa en planta no Hospital do Salnés e non hai pacientes que se atopen na Unidade de Coidados Críticos debido á pandemia.
Nas últimas 24 horas realizáronse 178 probas PCR co resultado de 13 novos positivos.
Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 21.304 pacientes, dous máis que onte. Faleceron por este virus, desde que se facilitan os datos, un total de 205 pacientes na área sanitaria.
DATOS EN GALICIA
En Galicia continúan aumentando tamén as cifras de casos activos en todas as áreas sanitarias da comunidade, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade. Neste luns cuantifícanse 1.285 casos activos, 106 máis que na xornada do domingo.
Por áreas sanitarias, os casos activos repártense deste xeito: A Coruña-Cee: 317 (+19); Ourense: 295 (+8); Vigo: 233 (+51); Lugo: 124 (+5); Santiago-O Barbanza: 113 (+10); Pontevedra-O Salnés: 106 (+11); e Ferrol: 97 (+2).
Hai 53 persoas hospitalizadas en planta, sete máis que na xornada de onte e nove enfermos permanecen en UCI, un menos que o día 14.
Detectáronse 136 positivos novos nas últimas 24 horas nas probas PCR. Trátase do mesmo número de contagios diarios que os obtidos durante o domingo e 82 máis que hai unha semana.
Nas últimas horas, a Consellería de Sanidade notificaba a morte dunha nova vítima con covid-19, a primeira que se rexistra desde o 8 de novembro. Trátase dun home de 70 anos, que falecía no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Presentaba patoloxías previas. Con este novo falecemento, o número de vítimas ascende a 2.656 persoas en Galicia desde o inicio da pandemia
Relacionadas:
-
124 casos activos, este mércores 17, na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés con tres persoas ingresadas en planta hospitalaria
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Segue o ascenso de casos covid na área sanitaria e Galicia suma dúas novas mortes pola enfermidade
Por Redacción |
-
Pontevedra-O Salnés sitúase en 95 casos activos, cun paciente hospitalizado con covid-19
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Continúa o incremento de casos activos por covid-19 en todas as áreas sanitarias de Galicia
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |