O Mini Mercado de Nadal abrirá o sábado 11 de decembro na Alameda de Marín
Por Redacción
A concelleira de Educación e Benestar Social de Marín, Marián Sanmartín, mantivo unha reunión coas Anpas dos centros educativos marinenses de cara a organizar o Mini Mercado de Nadal que todos os anos serve para iniciar o ambiente de Nadal na vila e para apoiar a actividade das nais e pais de nas actividades que realizan durante o ano.
O Mini Mercado instalarase o sábado 11 de decembro na Alameda na carpa que despois será ocupada polas actividades infantís propias da programación do Nadal. Contará con todas as medidas sanitarias referentes á Covid-19 e estará aberto de 17.00 a 21.00 horas.
No mercadiño participarán as Anpas da EEI Nosa Señora do Carme, IES Illa de Tambo, IES Mestre Landín, CPR San Narciso, CPR La Inmaculada, CEIP de Seixo, CEIP de Ardán, CEIP da Laxe, CEIP do Carballal e CEP do Sequelo.
A organización do evento recaerá nos pais e nais destes centros, namentres que o Concello se encargará de asumir todos os gastos. "O que pretendemos é que as Anpas poidan recadar a totalidade do que consigan, sen que teñan que realizar gasto algún e, por tanto, que se vexan beneficiadas da celebración do mercadiño", explicou Sanmartín.
Por outra banda, a diferencia doutros anos, non se fará unha chocolatada dentro do Mini Mercado. Serán nesta ocasión as ONGs de Marín as que colocarán o mesmo día unha tenda tipo haima independente na que ofrecerán chocolate a todos os que queiran colaborar, xa que todos os cartos recadados serán para os fondos destas entidades sen ánimo de lucro.
Relacionadas:
-
Marín converterase nunha vila de Nadal desde o 3 de decembro
Por Redacción |
-
Marín premiará por segundo ano as mellores decoracións de Nadal
Por Redacción |
-
O Nadal comeza a lucir en Marín as súas primeras pezas de decoración
Por Redacción |
-
Marín axita os ánimos do Nadal con mercadillos, música e a chegada de Papá Noel
Por Redacción |
-
A alameda de Marín volverá contar co mercado de Nadal das ANPAS
Por Redacción |
-
Regresa a Marín o 'minimercado' de Nadal
Por Redacción |
-
O venres abre en Marín o Mini-Mercado de Nadal
Por Redacción |