A Xunta de Voceiros secunda unha protesta pola situación da sanidade en Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis mantén a convocatoria dunha concentración para o vindeiro venres 19 de novembro para denunciar a "insostible" situación do centro de saúde do municipio.
O Goberno local convocou este luns unha nova xunta de portavoces extraordinaria co obxecto de tratar as deficiencias e falta de persoal que sofre o centro de saúde e, ao remate da mesma, o alcalde, Manuel Campos, anunciou que continúan coa convocatoria de protesta.
A reunión contou coa asistencia do alcalde e a concelleira Conchy Campos por parte do PSOE, Isabel Couselo polo PP e Santi Martínez como representante de Veciñanza.
A protesta será o venres 19 ás 13.00 horas diante do centro de saúde. Segundo consta no bando municipal de convocatoria, o obxectivo é "manifestar o desacordo ante esta situación e tentar que esta problemática se solucione á maior brevidade posible".
A problemática que denuncian é de deficiencias e falta de persoal. "Visto que a atención da saúde é un dereito esencial e a situación actual é, neste intre, insostible para a poboación do municipio", engade o bando, no que se recolle o apoio de todos os grupos políticos que forman a Corporación municipal: PSOE, PP e Veciñanza.
Relacionadas:
-
Cuntis e Moraña unirán forzas ante a "deficiente" atención sanitaria na comarca
Por Redacción |
-
Nais e pais de Cuntis entregan máis de 1.600 sinaturas para reclamar a volta do pediatra
Por Redacción |
-
Outro venres de protestas diante do centro de saúde de Cuntis
Por Redacción |
-
Concentración de protesta da veciñanza de Cuntis diante do Centro de Saúde
Por Redacción |
-
Concentración de protesta da veciñanza de Cuntis diante do Centro de Saúde
Por Redacción |
-
Convocan unha concentración ante as "deficiencias" na atención sanitaria en Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis convoca unha xunta de portavoces para reclamar persoal para o seu centro de saúde
Por Redacción |