Envían unha carta desde o BNG á conselleira de Infraestruturas para alertala de que o Umia "é un morto en vida"
Por Redacción
O BNG de Caldas remitiu unha carta aberta este martes 16 á presidenta de Augas de Galicia e conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez. Neste escrito alertan sobre a agonía que sofre o río Umia debido á presenza das cianobacterias. Afirman que o "Umia é un morto en vida" ao entender que se atopa estrangulado polo encoro, causante da tinguidura das augas dun verde cada vez máis intenso con concentracións millonarias de cianobacterias.
Na carta lembran a Ethel Vázquez que desde o Partido Popular "sempre negaron vostedes a maior" e afirman que cada día que pasa os datos son máis "desalentadores" e o silencio desde a Xunta máis "atronador". Sinalan que o encoro da Baxe foi un "auténtico atentado" contra a veciñanza de toda a comarca de Caldas. Unha obra que estivo acompañado de mobilizacións en contra no seu momento e que, segundo os nacionalistas, é un gran muro de formigón que estrangula o río causando a súa morte.
Denuncian que, a pesar da gravidade, nos últimos anos o goberno galego non tomou en serio o problema, limitando a súa actuación a pequenas "medidas cosméticas" que, segundo o BNG, converten ao Umia nun gran sumidoiro de fondos públicos que vive neste momento "o seu peor momento".
Reclaman que desde a Xunta adóptense medidas oportunas para recuperar o Umia e volver do río do "gran estandarte de Caldas".
Relacionadas:
-
O BNG acusa á Xunta de "agochar" a contaminación do Umia, " incumprindo os seus propios protocolos"
Por Redacción |
-
O BNG reclama á Xunta un plan de recuperación e rexeneración integral do Umia
Por Redacción |
-
O Centro de Saúde e o río Umia acaparan as emendas do BNG para Caldas aos orzamentos da Xunta
Por Redacción |
-
Caldas ten as súas augas de abastecemento libres de cianobacterias
Por Redacción |
-
Culpan ao "desleixo" das administracións do "deplorable" estado do encoro do Umia
Por Oskar Viéitez |