Os Black Stones soprenden cunha "bonita gamberrada", un concerto desde unha azotea, como o dos Beatles
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Ao mediodía do 30 de xaneiro de 1969, John Lennon, Paul McCartney, George Harrison e Ringo Starr subíronse á azotea do edificio do seu selo discográfico, Apple Corps., para tocar o que sería o último concerto de The Beatles.
Ao mediodía deste 16 de novembro de 2021, Tino Domínguez, Santi López, Toño Carbajo, Armando Guerra, Jaime Carbajo e Fredy Nistal, subíron á terraza dun edificio da rúa Michelena fronte ao Concello para tocar un concerto máis dos Black Stones.
Os de Liverpool deron un concerto de 42 minutos, ata que a policía negoulles a posibilidade de seguir tocando, con cancións que posteriormente formaron parte do disco "Let It Be" e da película homónima.
Os de Pontevedra deron un concerto cun único tema " Get back", a Policía Local permitiulles seguir tocando e ata lles fixeron os coros, a canción formará parte da serie "Tal como somos".
Daquel histórico concerto dos Beatles pasaron 52 anos, os mesmos que celebran os Black Stones en Pontevedra con esta "bonita gamberrada".