O 'vacinódromo' terá prazas de estacionamento de balde só para as persoas con mobilidade reducida
Por Oskar Viéitez
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa cos preparativos organizativos e loxísticos para activar o vindeiro venres 19 de novembro de 2021 os dous puntos de vacinación poboacional COVID cos que continuará a súa campaña vacinal contra o coronavirus.
Na cidade de Pontevedra este punto de vacinación poboacional terá a súa ubicación na sala de exposicións do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Campolongo. Así mesmo en Vilagarcía de Arousa, emprazaráse no edificio da antiga Comandancia de Mariña.
A este respeito, a Administración Sanitaria Pública galega aconsella á poboación citada para o vindeiro venres que chegue con puntualidade á vacinación, pero evitando antelacións que puidesen xerar aglomeración de persoas e afectación para os tránsitos e o tráfico rodado.
Pola súa especial ubicación no casco urbán capitalino, o caso concreto do acceso ao edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra para persoas con mobilidade reducida ou con necesidade de uso de cadeira de rodas, disporánse prazas gratuítas de aparcamento de estacionamento limitado a unha hora no aparcadoiro subterráneo cercano ao edificio administrativo pontevedrés.
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés lembra que nambos emprazamentos onde se efectuarán as vacinacións, o horario de actividade estenderáse de 9 a 14 horas polas mañás e de 16 a 21 horas polas tardes, con sendos operativos que manterán en todo momento as circulacións e tránsitos que garantan as distancias de seguridade e o cumprimento da normativa preventiva COVID vixente.