'Cortocán' solidario en Bueu en favor da Protectora de Animais do Morrazo
Por Redacción
A Asociación Protectora de Animais do Morrazo e o Concello de Bueu organizan o vindeiro sábado, 20 de novembro, unha noite de cinema especial no Centro Social do Mar que terá un fin solidario.
O evento, bautizado como 'Cortocán', dará comezo ás 21.00 horas con cinco curtametraxes en clave de humor nunha gala presentada por Román Gutiérrez, creador e director do Curtocircuíto e de Centolo Films.
"Supón unha boa oportunidade para gozar do cinema e, ao mesmo tempo, colaborar cun colectivo que realiza un labor imprescindible no coidado dos animais na comarca", explicou na presentación do 'Cortocán' o concelleiro Xosé Leal.
Pola súa banda desde a asociación sinalaron que "o que se recade destinarase a pagamento de facturas que a protectora arrastra dende hai tempo, e outros custes derivados da protección dos animais".
Durante o evento poderase visionar dúas curtametraxes rodadas na Illa de Ons como 'La maldición del Capitán Centolo' e 'Centolos y gaitas', ademais da cintas 'Me llamo Rama', 'Devorados por la noche' e 'La metafísica del asesino'.
As entradas teñen un custo de 8 euros e poden reservarse no teléfono 697523385, sendo unha sesión recomendada para persoas maiores de 13 anos.