Convenio de 30.000 euros para desestacionalizar o turismo en Sanxenxo
Por Redacción
O Concello e o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo asinaron este xoves un convenio de colaboración por importe de 30.000 euros para consolidar o municipio como destino vacacional en tempada baixa e "converter a Sanxenxo nun referente de destino turístico os 365 días ao ano e ir máis aló da tempada estival".
O alcalde, Telmo Martín, e o presidente de CETS, Alfonso Martínez, rubricaron o acordo no Pazo de Quintáns.
Con este convenio, o CETS comprométese á promoción da marca Sanxenxo mediante accións concretas como workshops, famtrips, e outras actividades promocionais do destino.
Respecto diso, o seu presidente asegurou que Sanxenxo escenifica con esta firma "o que xa leva facendo moito tempo e é a colaboración público-privada para garantir o éxito de calquera actividade e máis no sector turístico". Manifestou, ademais, que o Nadal é un bo momento para captar visitantes que gocen de Sanxenxo e "poder convertela na terceira tempada do ano".
O acordo enmárcase dentro da subvención de 150.000 concedida pola Xunta de Galicia tras declarar Sanxenxo como Municipio de Preferente Actuación Turística en 2020.
O alcalde destacou que este convenio ten como obxectivo "medrar en calidade non verán e en cantidade o resto do ano" e trasladou a necesidade de "convencer aos que nos visitan non verán que ou resto do ano hai outros Sanxenxos por descubrir que teñen ou seu propio encanto".
Con esta palabras, fai referencia ao último slogan municipal en materia de turismo, 'Sanxenxo, 365 días diferentes.
O alcalde lembrou que no verán Sanxenxo é líder por encima de destinos como San Sebastián, Bilbao ou Santiago de Compostela e agora o obxectivo é selo tamén en tempada baixa, de outubro a maio, cando o municipio suma case 300.000 pernoitas. Na súa opinión, "temos aínda marxe de crecemento".
Relacionadas:
-
Tres folletos, unha nova web e un código QR para promocionar Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo confirma a recuperación do turismo cunha ocupación superior á ponte do Pilar pre pandemia
Por Natalia Puga |
-
30 establecementos turísticos de Sanxenxo recibiron axudas da Xunta para o incremento da calidade da oferta
Por Redacción |
-
A Xunta colaborará co Concello de Sanxenxo na posta en marcha do Pazo de Quintáns
Por Redacción |