O 'anel verde' de Pontevedra recibirá unha inxección de 275.000 euros para manterse a punto

Por Redacción
Os parques forestais do Pontillón do Castro, A Fracha e A Tomba, o 'anel verde' que practicamente rodea Pontevedra, recibirán una importante inxección económica, preto de 275.000 euros, para a súa posta e punto e mantemento.
Así o anunciou Alberto Oubiña, concelleiro coordinador de Montes do Concello de Pontevedra, este venres. En comparecencia ante os medios de comunicación deu a coñecer que haberá un investimento para a renovación do parque forestal do Pontillón de Castro, outros para coidar as contornas de A Fracha e A Tomba e unha actuación conxunta para os tres pois nas vindeiras semanas sairá a concurso o contrato de mantemento de todos eles.
Este concurso conxunto será o que reciba un maior investimento, 128.000 euros. Será un contrato por tres anos con posibilidade de prórroga por un ano máis e permitirá acometer un mantemento regular e continuo dos tres parques, para que sempre estean a punto e durante todo o ano haxa persoas traballando no monte.
En caso de que logren rematar todos os trámites a tempo, licitarán o contrato antes de que remate o ano e, en todo caso, sairá a licitación, como moi tarde, a comezos de 2022.
A maior partida deste contrato, 80.000 euros, será a que se destine a tarefas de roza, pero haberá fondos para todo tipo de traballos, desde reposición de árbores danadas a melloras de pistas ou mantemento dos elementos de mobiliario e das zonas de lecer.
Ademais, está previsto un investimento de 73.000 euros para a renovación do Pontillón do Castro, que leva inaugurado 11 anos e xa require unha posta punto. Oubiña deu a coñecer que se encargaron traballos para a mellora dos camiños perimetrais do encoro, a renovación do parque infantil, a substitución e reparación do mobiliario e a reparación de dous dos miradoiros.
No caso dos parques forestais da Tomba e da Fracha, recentemente inaugurados, haberá pequenas intervencións para evitar o deterioro e mellor o seu servizo.
Na zona da Fracha, a actuación está vencellada co bikepark, que desbordou todas as expectativas de uso do Concello. Para mellor a experiencia dos usuarios deste espazo, vaise habilitar unha zona de estacionamento. A actuación custará preto de 38.00 euros.
No parque da Tomba vaise mellorar o acceso ao miradoiro de Pinar do Rei e instalaranse mesas e bancos para habilitar zonas de descanso. O orzamento para estes traballos é similar ao da Fracha, 38.000 euros.
Alberto Oubiña destacou que se trata de espazos moi usados pola veciñanza e confirmou a aposta do Goberno municipal para potencialos tanto pola recuperación do medio ambiente como polo seu uso como espazos de socialización e fórmulas de lecer e deportes saudables ao aire libre.
Relacionadas:
-
Eliminación de especies invasoras, rozas e podas para manter en bo estado os parques da Fracha e A Tomba
Por Redacción |
-
Actividades para todos os públicos en A Tomba, A Fracha e o Pontillón para demostrar que "o monte é teu"
Por Alejandro Espiño |
-
Catorce ofertas para o contrato de mantemento dos parques forestais da Fracha, A Tomba e O Pontillón
Por Redacción |
-
Reparan todo o mobiliario urbano e os camiños do ámbito do parque do Pontillón
Por Alejandro Espiño |
-
Unión dos comuneiros para que o "anel verde" de Pontevedra sexa máis rendible e sostible
Por Alejandro Espiño |
-
Máis de 150 persoas coñecen o parque forestal da Fracha a través dunha Ponteandada
Por Redacción |
-
A Fracha xa ten circuíto para disciplinas gravity de BTT
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Animan os pontevedreses a sacar o seu "espírito montuno" e gozar dos parques forestais
Por Alejandro Espiño |
-
Os tres parques forestais de Pontevedra contarán cun mantemento sistematizado
Por Redacción |