Decorar de Nadal a fachada da casa pode ter premio en Vilaboa
Por Redacción
O Concello de Vilaboa quere poñer a proba o espírito do Nadal da veciñanza e ven de convocar un concurso de decoración no que convida a participar a veciños de todas as parroquias.
Para facelo basta con ambientar unha xanela da vivenda, o balcón, toda a fachada ou o recuncho que cada un elixa. Logo hai que fotografar o resultado e enviar a imaxe, xunto coa dirección da vivenda e un número de teléfono de contacto, a turismo@vilaboa.org antes do 10 de decembro.
Un xurado integrado por membros da administración local visitará cada unha das vivendas participantes no concurso entre o 10 e o 17 de decembro para escoller aos gañadores que recibirán os seus premios, tres cestas cheas de produtos típicos destas datas, antes de 23 de decembro.
O xurado premiará a creatividade, a orixinalidade, a iluminación e o espírito do Nadal de cada vivenda participante xa que o obxectivo é que esta convocatoria contribúa a recuperar a normalidade despois da pandemia creando unha sinerxia social entre parroquias para descubrir novos decorados.
O Concurso busca tamén convidar a veciñanza a saír de casa, dinamizando o consumo nos establecementos locais co pretexto de gozar da iluminación. Esta iniciativa estende a todo o municipio a ambientación de Nadal que desde hai varios anos promove a asociación de veciños de Figueirido na súa parroquia e que este ano organiza novamente.
Relacionadas:
-
Os fogares mellor iluminados para o Nadal de Vilaboa empezan a recibir o seu premio
Por Redacción |
-
Vilaboa convida aos seus artesáns a sumarse ao Mercadillo de Nadal
Por Redacción |
-
A Deputación levará o Apalpador a 45 concellos da provincia este Nadal
Por Redacción |
-
Nin en Vigo nin en Nova York: o Nadal está en Monte Porreiro
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Doce vivendas de Figueirido compiten pola mellor iluminación de Nadal
Por Redacción |
-
Concurso de alumeado de Nadal en Figueirido para crear ambiente de festa
Por Redacción |