28 contaxios por covid nun día, con 4 hospitalizados na área sanitaria

Por Diego Espiño
A incidencia de gromos como o localizado no CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra, e que levou a levado á ANPA para solicitar o peche preventivo do colexio, disparou nas últimas xornadas a cifra de afectados pola covid na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
En concreto este sábado 20 de novembro o Servizo Galego de Saúde confirma a existencia de 196 casos activos de coronavirus, o que supón un incremento de 26 casos con respecto ao venres tras sumarse ás estatísticas 28 novos contaxios e darse dúas altas epidemiolóxicas a pacientes.
Este incremento tivo tamén reflexo nas cifras hospitalarias, con catro persoas afectadas polo virus ingresadas nos hospitais da comarca, dúas máis que o día anterior. Todas elas atópanse en planta repartidas entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (3) e o Hospital do Salnés (1).
Desde o inicio da pandemia superaron o coronavirus 21.333 persoas na área sanitaria, rexistrándose 205 falecementos de pacientes con positivo activo.
O Sergas informa ademais que nas últimas 24 horas realizáronse un total de 277 probas PCR.
Relacionadas:
-
Unha trintena de novos contaxios manteñen a tendencia nos casos activos de covid na área sanitaria, con 7 hospitalizados
Por Diego Espiño |
-
A pandemia mantense á alza con 246 casos activos e 7 hospitalizados na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
A semana iníciase con 225 casos activos de covid na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Soben a 6 os hospitalizados por covid, co primeiro ingreso en UCI desde o 27 de outubro
Por Diego Espiño |
-
As familias do Álvarez Limeses piden o peche preventivo do colexio ante un "crecemento exponencial da covid"
Por Natalia Puga |
-
Vinte novos contaxios elevan a 170 os casos activos por covid-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Galicia reabre os 'vacinódromos' coa mirada posta en vacinar "o antes posible" aos escolares
Por Alejandro Espiño |
-
Continúa o aumento de casos covid na área sanitaria: 156 enfermos con infección activa, 32 máis que o mércores
Por Redacción |