O BNG reclama á Xunta un plan de recuperación e rexeneración integral do Umia
Por Redacción
O deputado Luís Bará e os portavoces municipais de Caldas e Moraña, Manuel Fariña e Marcos Suárez presentarán unha emenda aos orzamentos da Xunta para desenvolver un plan de recuperación e rexeneración integral do río Umia co fin de convertelo nun eixo vertebrador e dinamizador das comarcas de Caldas e O Salnés.
Bará, Fariña e Suárez reuníronse este venres para falar deste plan "ambicioso" centrado en catro grandes eixes: a recuperación da calidade das augas e a saúde pública, a rexeneración ecolóxica do cauce e das ribeiras, a rexeneración das zonas urbanas do río e un plan de dinamización e aproveitamento social, económico, turístico e de lecer.
Con el, o BNG pretende transformar un "río contaminado nun río vivo", e reclama "deixar de darlle as costas ao Umia e convertelo nun grande eixo de ecoloxía, calidade de vida e puxanza económica e social", explicou Bará.
No caso de Caldas, o seu alcalde, Manuel Fariña, afirmou que "recuperar o Umia e devolverlle a Caldas o río que aínda recordamos é un obxectivo estratéxico para o BNG, e non pararemos ata que o consigamos". Pola súa banda, o voceiro do BNG en Moraña, Marcos Suárez, destacou que "para Moraña é prioritario recuperar a zona da Pontenova como un polo de desenvolvememto turístico e social, como xa o era antes de que o encoro o sepultase e tinguise todo verde".
Finalmente, o grupo nacionalista reclama "que non se acorden só do Umia nas campañas electorais, senón tamén o resto do ano".
Relacionadas:
-
O BNG acusa á Xunta de "agochar" a contaminación do Umia, " incumprindo os seus propios protocolos"
Por Redacción |
-
Ecoloxistas alertan de que o bosque de ribeira do Umia "leva anos soportando diversos impactos que o alteran"
Por Redacción |
-
A Xunta destina os 400.000 euros do canon do encoro do Umia a financiar actividades sociais en Caldas, Cuntis e Moraña
Por Redacción |
-
Envían unha carta desde o BNG á conselleira de Infraestruturas para alertala de que o Umia "é un morto en vida"
Por Redacción |