Marín prepárase para o 25N
Por Redacción
O Concello de Marín, a través do CIM, está a preparar a semana na que visibilizar a violencia machista e a lacra social que supón.
É por iso que, a partir do luns, poderase visitar no vestíbulo do Concello a exposición sobre os 15 anos do Consello Municipal da Muller. Nela fan un repaso da traxectoria do organismo municipal que traballa en prol da igualdade e que realiza un labor importante co obxectivo futuro de abrirse máis á cidadanía.
Ademais, o goberno municipal ten preparado un acto institucional para o 25N ás 12:30 horas no Salón de Plenos. Nel leerán a declaración institucional aprobado en Pleno e a entrega do premio ao colectivo de mulleres maiores. A homenaxe apoiarase na Residencia da Terceira Idade de Marín.
O mesmo día do acto proxectarán a testemuña real da violencia exercida sobre as mulleres maiores, realizada en formato audiovisual polo Concello. Servirá para dar voz á realidade que sofren moitas mulleres maiores, en relacións de parella abusivas cronificadas no tempo.
Relacionadas:
-
25N | Marín fai visible a violencia machista entre as mulleres maiores
Por Redacción |
-
A mocidade retrata as manifestacións máis crueis da violencia vicaria contra as mulleres
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Meaño anima á veciñanza a camiñar pola igualdade co gallo do 25N
Por Redacción |
-
Maica Larriba destaca a figura de Emilia Pardo Bazán como un referente para a mocidade
Por Redacción |
-
"Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven"
Por Oskar Viéitez |
-
Concienciar os escolares contra a violencia machista, obxectivo de Bueu este 25N
Por Redacción |
-
Alumnado de Vigo, Pontevedra e Soutomaior gaña o concurso escolar contra a violencia de xénero
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Impulsan un completo programa de actividades en Marín polo 25N
Por Redacción |
-
Mulleres maiores de Marín, Premios Lazo Violeta do 25N
Por Redacción |