Convocan unha xornada de celebración pola reapertura de Loureiro Crespo
Por Redacción
O Concello de Pontevedra quere celebrar o fin da remodelación de Loureiro Crespo, e organizou unha xornada con diferentes actividades que terá lugar o vindeiro venres 26 de novembro.
Despois de varios meses de obras unha das principais arterias da cidade estreou nova imaxe, que agora quere darse a coñecer.
Co lema 'A xente fai o barrio' as actividades expostas polo goberno local iniciaranse ás 17.00 horas co obradoiro infantil 'Coidemos o noso barrio' realizado pola asociación O Galpón Lab. Será na rúa José Adrio Barreiro, estando previsto a elaboración de grilandas e elementos decorativos. Trátase dunha actividade destinada a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos con dúas quendas e con inscrición por orde de chegada.
Ademais a partir das 18.00 horas o barrio contaxiarase de ambiente festivo con pasarrúas a cargo do grupo de gaitas e pandeiretas da Asociación Dous Pontes.
Por último ás 19.00 horas está prevista unha visita institucional na que será descuberta unha placa conmemorativa da transformación, na intersección de Loureiro Crespo con Casimiro Gómez. Na visita participarán o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto ao edil de Obras, Demetrio Gómez e á presidenta da Asociación de Comerciantes de Loureiro Crespo, María Diz.
Relacionadas:
-
Remata a reforma da rúa Loureiro Crespo coa plantación das árbores
Por Redacción |
-
O PP solicita información sobre o atraso na reforma de Loureiro Crespo e O Castañal
Por Redacción |
-
O final das obras en Loureiro Crespo e O Castañal atrásanse a marzo de 2022
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello espera inaugurar a reforma de Loureiro Crespo a finais de novembro
Por Oskar Viéitez |