Loita contra o ciberbullying e os riscos asociados a novas tecnoloxías no CEIP Torre de Cela
Por Redacción
Poder diagnosticar a tempo un problema de adicción ou conduta relacionado coas novas tecnoloxías é o medo de calquera pai hoxe en día.
Por ese motivo a ANPA do CEIP Torre de Cela de Bueu solicitou á Garda Civil que impartise unha charla informativa aos pais de alumnos do centro.
Esta charla, impartida por un dos axentes do posto da Garda Civil en Moaña, centrouse nos riscos asociados ás novas tecnoloxías e tamén nun asunto como o ciberbullying, acoso que afecta a moitos mozos deixándoos nunha situación vulnerable e de indefensión.
Ademais os pais recibiron información sobre as adiccións e sobre a normalización e prevención de condutas violentas.
Toda axuda é pouca para loitar contra uns problemas que se abriron un oco na sociedade actual afectando principalmente á nova xeración de mozos e mozas.