O Laboratorio da Infancia programa actividades saudables para escolares
Por Redacción
Os talleres do proxecto Laboratorio da Infancia, impulsados pola Concellería de Educación dentro das accións da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Pontevedra 'Máis Modelo Pontevedra' (Edusi), retoman a súa actividade esta semana e ata finais de decembro coa participación dunha decena de centros escolares.
Para a xornada deste martes 23 de novembro está previsto un novo obradoiro de Escalada no Pavillón Multiusos da Xunqueira ás 11:20 horas cun grupo de 23 escolares de 4º curso do CEIP San Martiño de Salcedo; mentres que tanto o mércores 24 como o xoves 25, tamén ás 11:20 horas, serán grupos 5º e 6º do CEIP Daría González os que protagonicen unha ruta polos Muíños do Batán, na parroquia de Salcedo; e o venres 26 ás 10:50 horas será un grupo de 25 alumnos de 3º curso do CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús o que realice unha andaina por un treito do Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Tomeza.
Os talleres, desenvolvidos pola empresa Marexada, proseguirán o martes 30 de novembro ás 11:20 horas, cunha nova actividade de Escalada no Pavillón da Xunqueira para 24 escolares do CEIP Marcón; e o mércores 1, o xoves 2, o venres 3 e o xoves 9 de decembro, con grupos de entre 24 e 25 alumnos de 1º e 2º curso do CEIP Vilaverde-Mourente que efectuarán camiñadas polo citado treito xacobeo e polo roteiro dos Muíños do Batán. O venres 10 de decembro serán outros 25 alumnos do CPR Sagrado Corazón os que completen o percorrido polo Camiño de Santiago.
O luns 13 de decembro e o mércores 15 terán lugar novas saídas polos Muíños do Batán con 17 escolares de 1º curso e 13 de 2º do CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez; o martes 14 un taller de Escalada no Multiusos da Xunqueira con 25 nenos e nenas de 1º do CEIP de Parada (Campañó); o xoves 16 un Observatorio de Aves nas marismas de Alba con 14 escolares de 2º do CEIP Plurilingüe Froebel; e o o venres 17 e luns 20 dúas saídas pola ruta dos Muíños do Batán con sendos grupos de 24 alumnos de 2º do CEIP Marcos da Portela.
O tenente de alcalde e concelleiro de Educación, Tino Fernández, lembra que "entre os obxectivos destes obradoiros figuran a educación e concienciación ambiental, a sustentabilidade e economía circular, con talleres con contido pedagóxico que expliquen os valores do mundo rural e natural, mediante a visita guiada aos parques forestais situados ao redor de Pontevedra, especialmente o que se está conformando a través da Edusi con cofinanciamento Feder na Fracha, pero tamén ao resto de espazos naturais e parques forestais da cidade". Ademais, tamén se potencia o exercicio vinculado ao medio natural, con talleres relacionados coa práctica deportiva e a vida saudable.
Relacionadas:
-
O Laboratorio da Infancia xa desenvolveu máis dun centenar de obradoiros e actividades
Por Redacción |
-
Organizan cinco sesións públicas para presentar as conclusións das mesas de traballo do Laboratorio da Infancia
Por Redacción |
-
O colexio de Barcelos estreará a rolda de obradoiros do Laboratorio da Infancia
Por Redacción |
-
LAB Cultura bota a andar para mellorar a relación entre a infancia e a cultura na cidade
Por Redacción |
-
A escalada deportiva, un 'Laboratorio da Infancia" para os escolares pontevedreses
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Pistoletazo de saída para o 'Laboratorio da Infancia'
Por Redacción |
-
Activan as actividades para escolares que organiza o Laboratorio da Infancia
Por Redacción |
-
Pontevedra impulsa un Laboratorio da Infancia para promover unha vida saudable
Por Alejandro Espiño |
-
O "Laboratorio da Infancia" promoverá talleres sobre valores, visitas a parques forestais, piragüismo e escalada
Por Redacción |