A Xunta concede axudas ás protectoras de Cambados e Vilagarcía
Por Redacción
A Xunta publicou a Resolución sobre as ordes de axuda para sufragar os coidados de animais domésticos abandonados, que se resolve coa concesión de máis de 400.000 euros a 17 entidades locais (218.090 euros) e 12 asociacións protectoras (185.684 euros).
Entre elas a Asociación Protectora de Animais de Cambados recibirá 18.523 euros e a Asociación Protectora de Animais de Vilagarcía 27.002 euros.
O Diario Oficial de Galicia publicou este luns a resolución da convocatoria de 2021, que se dividiu en dúas ordes: unha dirixida a entidades locais, como administracións responsables da recollida e acollemento de animais abandonados e da xestión das colonias felinas; e a outra, destinada a asociacións rexistradas no Rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía.
As subvencións concedidas axudarán a sufragar gastos como a esterilización cirúrxica dos exemplares que tutelan; a identificación dos mesmos mediante implantación de microchip, inscrición no Rexistro galego de identificación de animais de compañía ( Regiac) e expedición do pasaporte sanitario; a compra de alimento; e a vacinación preventiva e desparasitación, entre outras medidas profilácticas.
Fai falta lembrar que, no caso as entidades protectoras debidamente rexistradas, tamén podían solicitar axudas para a realización de campañas de concienciación, promoción da tenencia responsable e fomento das adopcións, así como para comprar material non funxible co fin de dotar aos centros que xestionan dos medios necesarios para atender aos animais.
Relacionadas:
-
EduCAANdo, a campaña para concienciar os escolares sobre a responsabilidade de adoptar animais
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Recupéranse no Centro de Acollida dúas cadeliñas de dous meses abandonadas xunto coa súa nai en Vilaboa
Por Oskar Viéitez |
-
Investigan penalmente o home que abandonou seis cachorros nun contedor de lixo
Por Redacción |
-
Reto completado: o CAAN atopa un fogar para os avós do centro
Por Redacción |