Santa María, Santa Lucía, a Virxe do Carmen e a Inmaculada vítimas dun roubo
Por Oskar Viéitez
Dúas capelas no municipio de Ponte Caldelas foron vítimas dun roubo.
O párroco da Ínsua que atende estas dúas capelas detallou que no caso concreto da capela de Santa Mariña, os ladróns entraron no templo unha porta lateral e leváronse cincocentos euros da recaudación dos cepillos, catro cadeas de ouro que portaba a imaxe de Santa Lucía, dous pendentes da Virxe do Carmen e unha quinta cadea de ouro da imaxe de Santa Lucía.
A outra capela desvalijada foi a da Inmaculada de Silvoso, onde os cacos leváronse a colecta do Domund, o peto de ánimas e algunhas pezas de ouro, algunhas dela de valor incalculable debido á súa antigüidade. Como os pendentes que portaba a Virxe Inmaculada así como outras xoias.
O roubo foi descuberto a primeira hora da tarde do martes pasado. A Garda Civil investiga o suceso.