Meaño anima á veciñanza a camiñar pola igualdade co gallo do 25N
Por Redacción
Cunha andaina pola igualdade celebrará Meaño o 25N, o día internacional pola eliminación da violencia contra a muller. Terá lugar o sábado 27 de novembro, a partir das 16:30 horas.
A saída será dende a Praza do Concello e terá un percorrido de 5 quilómetros, pasando pola capela de San Benito de Lores, a igrexa de San Xoán de Meaño e a capela de San Amaro antes de que os participantes volvan de regreso ata a praza.
As inscricións nesta andaina están abertas ata o 25 de novembro.
O propio 25N, ás doce da mañá, Meaño lerá un manifesto e acollerá a presentación do libro Os Bolechas na escola: Ningúen desafina, do que se repartirán 900 exemplares no CEIP As Covas (Meaño), no CEIP Coirón (Dena), na escola infantil municipal e na escola de música.
Xa pola tarde, no centro social de Dena, ás 19:30 horas, proxectarase a obra de teatro Sen Lingua e ao seu remate realizarase un coloquio cos protagonistas da obra.