Un vilanovés e un asturiano condenados por unha operación de compravenda de droga
Por Oskar Viéitez
A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a catro anos e medio e a cinco anos de cárcere, respectivamente, a un asturiano e a un veciño de Vilanova de Arousa e por traficar con heroína.
O tribunal considera probado que realizaron unha operación de compravenda de droga nun supermercado de Ribadeo. Un deles, segundo a sentenza, entregoulle ao outro un envoltorio con 144,5 gramos de heroína, cuxo valor no mercado ilícito ascendería a 14.923 euros.
O cidadán asturiano foi condenado a unha pena de catro anos e seis meses de prisión e imponlle unha multa de 29.000 euros con responsabilidade persoal en caso de falta de pagamento dun mes de privación de liberdade.
Respecto ao vilanovés o tribunal valorou, o conxunto de actividades realizadas na actividade delituosa despregada ao longo do tempo, a súa maior implicación e compromiso nos feitos delituosos, a cantidade e variedade de droga intervida e a reprochabilidad da súa conduta, polo que estima adecuada a imposición da pena de cinco anos de prisión e multa de 60.000 euros, con responsabilidade persoal en caso de falta de pagamento de 45 días de privación de liberdade.
No rexistro realizado na vivenda do arousán localizáronse "efectos ou instrumentos relacionados ou derivados da actividade ilícita", tales como heroína valorada en máis de 25.000 euros, 45 macetas con plantas de marihuana ou un Audi A-5 "adquirido coas ganancias do narcotráfico".
Relacionadas:
-
Detido un mozo de 26 anos por vender droga nun edificio da rúa Cruz Vermella
Por Redacción |
-
Dous acusados negan que traficasen con cánnabis e heroína
Por Oskar Viéitez |
-
A Fiscalía pide penas de prisión para un vilanovés e un asturiano acusados de traficar con cánnabis e heroína
Por Oskar Viéitez |