Tres detidos por unha serie de roubos moi violentos en Vilagarcía
Por Redacción
Axentes da Comisarí.da Policía Nacional de Vilagarcía de Arousa detiveron nas últimas semanas a tres persoas con antecedentes por varios delitos de roubo con intimidación cometidos na localidade, algúns deles a persoas de idade avanzada e todos moi violentos.
A Policía Nacional abriu unha investigación tras recibir varias denuncias por roubos con violencia nos que as vítimas relataban que os asaltantes usaban gran violencia e chegaban a facer uso de armas brancas ou mesmo algunha botella rota, causando diversas lesións ás vítimas.
Os policías tiveron coñecemento de que había tres persoas implicadas, que nestes momentos xa están detidos. Os tres son veciños de Vilagarcía de 31, 48 e 38 anos e teñen antecedentes policiais.
Algúns dos roubos cometíanos un home e unha muller e o 5 de outubro, nun destes asaltos, a muller foi detida. Tras pasar a disposición xudicial, ingresou en prisión. A esta muller cónstalle tamén unha requisitoria xudicial por un delito de furto.
Noutro dos roubos con intimidación foi detido outro home que foi igualmente enviado a prisión pola autoridade xudicial.
Faltaba por localizar o terceiro implicado. Trátase dun home que acompañaba á primeira muller detida e, tras lograr identificalo, os axentes iniciaron as pescudas para tratar de localizalo.
Os axentes pescudaron que este individuo atopábase no seu domicilio, do que non saía nin de día nin de noite, polo que se solicitou á xulgado autorización para realizar unha entrada e rexistro no domicilio.
Realizouse este luns 22 de novembro. O home opuxo gran resistencia ata o punto de impedir os labores policiais, obstaculizar o acceso á vivenda e tratar de fuxir. Os axentes tamén lle atribúen un delito de resistencia.
Os axentes interviñeron múltiples efectos no seu domicilio froito presuntamente de diferentes roubos como carteiras, reloxos, tarxetas, teléfonos móbiles, bolsos ou diñeiro. Todos os efectos seranlles entregados aos seus lexítimos propietarios.
Tamén lle localizaron ferramentas susceptibles de ser empregadas en feitos delituosos (navallas, patas de cabra e picarañas) e varias cantidades de droga, polo que se lle atribuíu un delito contra a saúde pública.
Entre a droga intervida había 636,8 gramos de 'polvo de ángel' ou PCP (Fenciclidina), unha droga disociativa usada como axente anestésico que posúe efectos alucinóxenos e neurotóxicos, e 125,5 gramos de marihuana. e 125,5 gramos de marihuana.