Tres meses de obras para crear a travesía que unirá Inferniño e República Arxentina
Por Redacción
A Travesía República Arxentina converterase en nova rúa de Marín cando finalicen os traballos que acometerá a empresa Sistemas y Construcciones Alvedro. A Xunta de Goberno Local aprobaba a adxudicación destas obras por un importe que ascende a 241.612,40 euros, máis IVE. Un montante que corre a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
A nova travesía unirá Inferniño con República Arxentina. De forma que se conectarán, segundo apuntan desde o goberno local, dous espazos moi diferentes.
Por unha banda, a zona este de República Arxentina atópase urbanizada e edificada. Trátase dun espazo de 44 metros de lonxitude, pavimentado e con beirarrúas nas dúas marxes, ademais de todos os servizos como iluminación pública, rede de saneamento e pluviais, subministración de gas, cableado de telecomunicacións e enerxía eléctrica, ademais de abastecemento. Por outra banda atópase un muro que separa a zona urbanizada do regacho e das leiras sen urbanizar.
O tramo que ocupará a nova vía intégrase por tres parcelas en estado de semiabandono, segundo o Concello de Marín, con cascallos e peches metálicos provisionais. Ambas as zonas atópanse separadas por un regacho, que na zona norte atópase canalizado baixo o chan urbano e na zona sur queda ao descuberto.
As obras durarán tres meses, un período que se iniciará no momento de comprobación do reformulo.
Relacionadas:
-
Xa está aberta ao tránsito peonil e rodado a Rúa Travesía República Arxentina
Por Redacción |
-
O procedemento para urbanizar a Travesía República Arxentina de Marín xa está en marcha
Por Redacción |
-
Aproban o proxecto para a urbanización da travesía República Arxentina de Marín
Por Redacción |
-
Desestimada a única alegación presentada ás expropiacións da Travesía República Arxentina
Por Oskar Viéitez |