O Burgo celebra o 25 aniversario da fundación da súa parroquia
Por Redacción
Hai xa 25 anos da fundación da parroquia de Santiaguiño do Burgo, coa apertura da igrexa xunto ao Estadio Municipal de Pasarón. Unha data que se quere conmemorar durante as próximas semanas cunha serie de actividades.
Esta programación especial dará comezo este mesmo sábado 27 de novembro, tras a misa das 19.00 horas, cun desfile de traxes galegos e a presentación do libro 'Santiaguiño do Burgo, capela e igrexa do barrio', escrito polo historiador pontevedrés Mario Gallego e no que repásase a historia da parroquia desde o século XII ata a actualidade.
Unha semana máis tarde, o sábado 4 de decembro, presentarase un vídeo documental sobre a construción da igrexa, mostrando os traballos desde os seus cimentos.
Por último o sábado 11 de decembro poderase visionar outro traballo documental no que se lembrarán as actividades organizadas pola parroquia ao longo destes 25 anos.