Aproban a cesión a Sanidade da parcela para o novo centro de saúde de Barro
Por Redacción
O pleno da corporación municipal de Barro, cos votos favorables de BNG e PSdeG-PSOE e o rexeitamento dos edís do PP, aprobou a cesión dunha parcela de 600 metros cadrados á Consellería de Sanidade para a construción dun novo centro de saúde.
Estes terreos, situados no núcleo de San Antoniño, xa estaban reservados polo anterior goberno no planeamento urbanístico para a construción deste tipo de equipamento sanitario.
Unha vez que os servizos técnicos de Sanidade aprobaron o seu uso, o Concello acelerou todos os trámites urbanísticos para conseguir que esta cesión fose unha realidade poucos meses despois da visita do persoal técnico da consellería.
Con esta nova construción, o centro de saúde de Barro pasará de ter pouco máis de 300 metros cadrados a un total de 800 metros cadrados e contará con oito salas para consultas, enfermería e tomas de mostras.
O Concello agarda que con esta mellora das prestación sanitarias Barro teña un centro de saúde digno e que dea un servizo de calidade a toda a veciñanza.
Relacionadas:
-
A Xunta traslada ao alcalde de Barro o convenio para as obras de construcción do novo centro de saúde
Por Oskar Viéitez |
-
Barro avanza nos trámites urbanísticos para ceder á Xunta os terreos do novo centro de saúde
Por Redacción |
-
Sanidade reclama a Caldas, O Grove, Poio, Barro e Meis terreos para os novos centros de saúde
Por Redacción |
-
Técnicos da Consellería valoran positivamente os terreos ofertados por Barro para un novo centro de saúde
Por Redacción |