Galicia prevé aproveitar o parón de Nadal para vacinar aos nenos de 5 a 11 anos
Por Alejandro Espiño
Os plans das autoridades sanitarias galegas pasa por aproveitar o parón escolar de Nadal, a partir do 22 de decembro, para vacinar aos nenos de 5 a 11 anos, tras ao aval que a vacinación infantil recibiu da Axencia Europea do Medicamento (EMA).
Así a avanzou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que aclarou que se abordará esta inmunización "se temos vacinas" e hai autorización de Sanidade.
"Se hai doses farémolo rápido", apuntou Núñez Feijóo, que non descartou que a vacinación poida atrasarse ata que os menores volvan ás clases en xaneiro.
A EMA recomenda inxectar a vacina de Pfizer aos nenos de 5 a 11 anos. Sería cunha dose inferior ao resto da poboación, aproximadamente un terzo do habitual, mediante dúas inxeccións nos músculos da parte superior do brazo, con tres semanas de diferenza.
Os estudos realizados demostran a resposta inmune á vacina e que os posibles efectos secundarios son os mesmos que entre os adultos, dor muscular ou de cabeza, cansazo ou calafríos, que son leves e melloran poucos días despois da inxección.
Ata entón, Galicia prevé completar a vacinación coa terceira dose dos maiores de 60 anos e de todo o persoal sanitario e sociosanitario, así como a segunda inxección para os que foron vacinados co soro monodose de Janssen.