Que restricións entran en vigor este sábado?
Por Oskar Viéitez
Desde as 00 horas deste sábado 27 de novembro e ata o 18 de decembro, en principio, Galicia volve recuperar o certificado covid para entrar na hostalería.
Esixiráselle o certificado de vacinación, o xustificante de superar a enfermidade ou unha proba negativa de covid ás persoas maiores de 12 anos para acceder ao interior dos restaurantes todo o día e ás cafeterías e bares a partir das 21 horas.
O certificado pedirase a todos os maiores de 12 anos, debido a que é a poboación diana que xa puido acceder á vacinación. Non se pedirá para estar na terraza, só será obrigatorio presentar este documento para acceder ao interior dos locais de hostalería.
Así figura na orde que a Consellería de Sanidade acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG), tras recibir a preceptiva autorización do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Tamén este sábado redúcense os grupos máximos en hostalería e lecer nocturno, así como nos eventos con cócteles.
Limítase a oito o número de persoas por grupo ou mesa nos interiores da hostalería, mentres que en terrazas será de 15 persoas (fronte ás 20 ata o de agora permitidas).
As novas medidas non afectan os aforos, isto é, un restaurante vai poder atender ao mesmo número de comensais pero terá que dividir os grupos de clientes en mesas de 8 en interiores e de 10 en terrazas.
Tampouco se modifican os horarios polo que os bares e restaurantes poden pechar ás 1:30 horas, os pubs e salas de música ata as 4:30 horas e as discotecas poden permanecer abertas ata as 5:00.
Relacionadas:
-
A sexta onda da covid-19 continúa o seu imparable ascenso
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta estudará limitar as actividades de pé ante o incremento dos contaxios
Por Oskar Viéitez |
-
O 'pasaporte covid' regresa ao interior da hostalería tras aprobalo o TSXG
Por Natalia Puga |
-
Mesas de oito persoas, certificado covid nos restaurantes e a partir das 21 horas tamén nos bares
Por Oskar Viéitez |
-
O 'pasaporte covid' será obrigatorio para acceder aos hospitais galegos
Por Alejandro Espiño |