O goberno local dará luz verde este luns á pista polideportiva do parque da Praza de Europa
Por Redacción
A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural levará o luns a Xunta de Goberno para a súa aprobación o expediente de contratación da obra que permitirá axardinar e dotar dunha pista polideportiva a zona do parque da Praza de Europa que dá cara a rúa Bélxica Interior.
A intervención, que conta cun orzamento de máis de 60.000 euros, ten un prazo de execución de dous meses desde o seu inicio.
O novo equipamento multideportivo de Monte Porreiro terá un peche perimetral e está pensado para xogos de pelota en xeral e formado por unha combinación de dúas porterías e dúas canastras.
Entre as melloras contempladas tamén se propón a subministración de instalación de dúas papeleiras e dun punto de recarga con catro tomas de USB.
Por outra banda, contémplase a reposición de árbores nas aliñacións dos paseos de formigón que rodean o parque e distribúen as circulacións peonís cara as rúas e edificacións do contorno. A incorporación de arbustos neste parque é imperativa para superar o actual estado de xardín inacabado que presenta este espazo.
Relacionadas:
-
A nova pista polideportiva da Praza de Europa estará lista a principios de 2022
Por Redacción |
-
Unha nova pista polideportiva e a apertura dos jardíns da UNED, 'guinda' á reforma da Praza de Europa
Por Redacción |
-
A reforma integral do parque da Praza de Europa continúa coa mellora do pavimento
Por Redacción |