O PSOE rexistra 43 emendas específicas para a provincia de Pontevedra aos PGE
Por Oskar Viéitez
O Grupo Parlamentario Socialista no Congreso dos Deputados rexistrou un total de 43 emendas parciais específicas para a provincia de Pontevedra aos Presupostos Xerais do Estado (PGE) de 2014.
Segundo resumiu en rolda de prensa o deputado, Guillermo Meijón, son tres as emendas máis importantes que xiran arredor da nova autovía libre de peaxe entre Pontevedra e Vigo, a conexión do Tren de Alta Velocidade por Cerdedo e o Eixe Atlántico A Coruña-Vigo "incluíndo as estacións das que a Ministra de Fomento, Ana Pastor, non quixo informar", engadiu.
Logo hai outras propostas que afectan só ao Concello de Pontevedra como son o Parque Loxístico empresarial de Leborei concibido como "un porto seco vinculado ao Porto de Marín". E tamén a integración ao Espazo Intermodal de Transporte no municipio de Pontevedra, ou a remodelación do chamado Nó de Bombeiros, é dicir, o enlace da Autoestrada AP-9 coa estrada de Vilagarcía (PO-531), a ponte das Correntes, a rúa Domingo Fontán e o nó da Barca.
Guillermo Meijón sinalou que en canto ás emendas para o conxunto de Galicia son 138 por un valor total de 133 millóns de euros "aos que habería que sumar as emendas transversais en materias como educación", dixo.
Entre outros investimentos, o PSOE propón para Galicia a posta en marcha dun plan de prevención de incendios e reforestación dotado con 20 millóns de euros, e partidas especiais para a alta velocidade.
Relacionadas:
-
O PSOE chama os seus alcaldes e portavoces a combater o "nuevo régimen" do goberno de Rajoy
Por Alejandro Espiño |
-
Os socialistas pontevedreses presentarán enmendas aos PGE por máis de 100 millóns de euros
Por Redacción |
-
O PP destaca que Pontevedra é a sexta provincia en volume de investimento do Ministerio de Fomento
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG esixirá á ministra Ana Pastor que cumpla a súa palabra
Por Oskar Viéitez |