Ponte Caldelas acolleu a quinta edición da Feira de Artesanía e Produtos Ecolóxicos
Por Redacción
A Praza de España de Ponte Caldelas acolleu este domingo a quinta edición da Feira de Artesania e Produtos Ecolóxicos na gran carpa instalada para o evento na Praza de España. Participaron máis de 30 expositores.
Esta é a segunda vez que a feira se celebra na Praza de España, centro neurálxico da vila.
Durante toda a xornada houbo música tradicional, obradoiros infantís, demostración de oficios, un espectáculo de tallas en madeira con motoserra a cargo de Marcos Mariño, sorteos e outras sorpresas.
A organización do evento correu a cargo da Asociación Das Miñas Mans e contou coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas.
A quinta edición da Feira de Artesanía de Ponte Caldelas volveu como un evento totalmente consolidado e no que estivo presente unha escolma dos mellores produtos feitos a man de toda Galicia.
A feira contou unha ampla variedade de produtos de todo tipo, todos eles co común denominador da orixinalidade e artesanía na súa elaboración.
Nos postos atopouse creacións artesáns tales como roupa de lá, tallado de vidro, madeira tallada, cerámica, todo tipo de complementos de bisutería, bolsos, esculturas feitas con area, monicreques, xoguetes de madeira, xabóns naturais, coiro, debuxos de arte rupestre, exposición de minerais e moitas máis cousas.