A Illa de Arousa logra un aforro enerxético de máis do 70% cunha achega do IDAE
Por Redacción
A Illa de Arousa veu renovada parte da súa iluminación exterior a través dunha achega do IDAE de 71.500 euros que foi xestionada pola Deputación de Pontevedra. Con estes fondos europeos o concello conseguiu un aforro enerxético do 71,5% en 17 vías do municipio.
Entre elas atópase a rúa Marqués de Bradomín á que acudiron o deputado de Cooperación, Santos Héctor, o alcalde da Illa, Carlos Iglesias, e un nutrido grupo de representantes da corporación local, que visitaron as obras de renovación do alumeado público neste lugar.
O concello conta agora con 134 novas luminarias LED situadas en distintos puntos do municipio como as rúas Salga, Aldea, Cruceiro, Agro da Porta, Ramón Cabanillas ou a xa citada Marqués de Bradomín.
O emprego desta tecnoloxía permite á Illa ofrecer un servizo máis respectuoso co medio ambiente que o empregado ata o memento. Ademais, estas luminarias contan cun sistema que reduce o seu fluxo nas horas de menor consumo, co que se consegue un aforro enerxético e unha redución da contaminación lumínica.
Relacionadas:
-
Petición económica á Xunta para instalar luces LED no campo da Bouza na Illa de Arousa
Por Redacción |
-
A Illa solicita ao IDAE unha subvención de máis de 900.000 euros para a renovación integral do alumeado público
Por Redacción |
-
Oito concellos recibirán axudas europeas destinadas a sistemas sostibles de xestión da auga
Por Redacción |