Xurxo Agra, novo responsable local do BNG de Marín
Por Redacción
O BNG de Marín ven de renovar o Consello Local e escoller a Xurxo Agra do Pazo como novo responsable local.
Xurxo Agra do Pazo é un activista social, cultural e político de longa traxectoria que xa ocupou este cargo entre os anos 2017 e 2019. O novo responsable local agradeceu "o apoio e confianza da militancia local á lista que encabezaba, formada por un grupo de compañeiros e compañeiras no que a característica máis importante é a combinación de mocidade, moi cualificada e preparada, coa experiencia organizativa e institucional aportada por militantes históricos".
Xurxo Agra continúa salientando que "volvo ocupar este posto de grande responsabilidade cunha enorme ilusión, sabendo que conto cun gran grupo de compañeiros e compañeiras no Consello Local dispostos e dispostas a dar o mellor por esta organización".
O renovado Consello Local está composto por Xurxo Agra do Pazo (responsable local), Pablo Blanco Agraso (viceresponsable Local), Esther Crespo Igrexas, Celia García Santomé, Luciano Guimeráns Pazos, Lucía Santos Omil (portavoz municipal) e Sara Piñeiro Tenorio, como representante de Galiza Nova.
O novo Consello Local será o encargado de dirixir o futuro máis inmediato do BNG de Marín, e nomeadamente preparar as vindeiras eleccións municipais de 2023, "para as que comezaremos a traballar inmediatamente".
En canto á liña a seguir neste nova etapa Xurxo Agra informa que "será continuísta co traballo que se ven realizando nos últimos anos: traballo institucional construtivo e positivo mais moi firme na nosa función de oposición ao grupo de goberno do PP, e contacto permanente coa veciñanza con presenza constante na rúa".