A área sanitaria confirma 78 novos positivos por covid-19 nun día e xa supera os 500 casos
Por Natalia Puga
A curva da pandemia da covid-19 non para de medrar na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés nesta sexta onda. Este martes volveron a confirmarse 78 novos casos activos da enfermidade.
Segundo o último balance oficial, con datos das seis da tarde do luns, hai 527 casos activos na área sanitaria, 71 máis que o día anterior, e, ademais, recibiron o alta sete pacientes.
Ademais de crecer os casos activos, tamén o fai a presión asistencial. Deses 527 novos casos, 509 son pacientes asintomáticos ou con síntomas leves que se atopan nas súas vivendas en illamento e outros 18 están nos hospitais.
Estes 18 pacientes hospitalizados son tres máis que no último balance. En concreto, hai dous na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, os mesmos que o luns, pero hai 16 en planta de hospitalización, tres máis. Son 14 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 2 no Hospital do Salnés.
Desde o inicio da pandemia curáronse 21.422 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 206 pacientes.
Na última xornada destaca o incremento das probas PCR' s realizadas, un total de 1.274 en 24 horas. Elevan a 317.933 as xa efectuadas desde o inicio da pandemia.
Relacionadas:
-
Nas últimas 24 horas confirmáronse 92 novos casos de coronavirus na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Os hospitais da área sanitaria suman 20 ingresados por covid dos que 3 están na UCI
Por Oskar Viéitez |
-
Os hospitais pontevedreses pasaron en dúas semanas de 1 a 15 pacientes con covid-19
Por Natalia Puga |