Haberá axudas en Ponte Caldelas para os regalos de Nadal de familias vulnerables
Por Redacción
Que ningún neno de Ponte Caldelas quede sen agasallo no Nadal. É o que busca o Concello coa entrega de vales de 50 euros a cincuenta familias do municipio en situación de vulnerabilidade e que teñan menores a cargo.
Desta maneira, o Concello axuda ás familias que están a pasar unha dificultade puntual e que saben que "sempre van ter o apoio do Concello", segundo o alcalde, Andrés Díaz.
Os servizos sociais municipais dispoñen este ano dunha partida de 35.000 euros para emerxencia social, con cantidades concretas para cheques de alimentos (5.000 euros repartidos en 50 cheques de 100 euros) ou agasallos de Nadal (2.500 euros).
Que se esgote algunha destas partidas "non supón que unha persoa vaia quedarse sen vale de alimentos ou sen un agasallo para os seus fillos", segundo o alcalde, porque se habilitaría a partida xeral reservada para as emerxencias sociais.
En 2021 esta partida de emerxencia social incrementouse ata os 35.000 euros, fronte os 5.000 que figuraban no último orzamento do anterior executivo municipal, destaca Díaz.